O obxectivo do concurso é aumentar a presenza do galego na comunicación publicitaria e contribuír ás boas prácticas e á eficacia comunicativa do tecido empresarial compostelán.
Para participar será necesario presentar un proxecto orixinal para a publicitar un establecemento comercial, hostaleiro ou empresarial, ou un grupo de establecementos que formen parte do tecido socioeconómico compostelán. A inscrición poderá realizala a empresa encargada de deseñalo ou a empresa que se publicita.
Presentar:
a) Folla de inscrición.
b) Documentación acreditativa e descritiva do establecemento.
c) Documentación acreditativa e descritiva do deseñador, empresa de comunicación etc.).
d) Proxecto que se presenta ao concurso.
O ditame do xurado será elevado á Xunta de Goberno Local como órgano competente para resolver o concurso dentro do prazo dun mes contado desde a data en que remata o prazo de presentación dos traballos. O acordo de resolución farase público polo procedemento que corresponde aos acordos que adopta a Xunta de Goberno Local e, así mesmo, notificarase aos interesados.
As contías dos premios estarán sometidas ao réxime fiscal que lles corresponde para os efectos da súa tributación. O pagamento dos premios farase en dúas partes. A primeira, por importe dunha quinta parte, entregarase aos concursantes gañadores unha vez resolta a convocatoria. O resto do importe, farase entrega unha vez xustificada a execución das campañas:
A participación neste concurso implica a aceptación das bases en todo o seu contido.